INSTRUCIÓNS
PUNTOS DE EXPERIENCIA
Que son os puntos de experiencia?
Os puntos de experiencia son aqueles que cada aspirante (alumno) gana ao completar con éxito una misión encomendada pola coordinadora xeral de axencia de detectives (a profesora) ou a través dos ESTADO DE CRISE (EC=probas escritas). Tamén poden obterse mediante a realización de retos, de traballos voluntarios e pola actitude.
Por que os puntos de experiencia?
Desde o momento que comezas un proceso de selección para un traballo así como cando eres seleccionada para un posto, canta máis experiencia tes mellor, pois máis salario podes obter. Pola mesma razón os aspirantes a detectives para mellorar na súa carreira teñen que ganar máis experiencia para afrontar mellor as misións.
Como se obteñen puntos de experiencia?
Mediante a resolución de misións e retos que se plantexarán así como de traballos voluntarios, que vos encargará a coordinadora xeral de axencias de detectives e mediante a resolución dun Estado de Crise (EC). Cada misión ou reto terá asignados uns puntos de experiencia:
-Completar a misión de maneira correcta implica obter os puntos
-Facela dun modo incorrecto implica obter menos puntos
-Non facela implica non ganar puntos.
Co comportamento tamén se poden ganar ou perder puntos de experiencia, polo que é recomendable ter un bo comportamento. A coordinadora xeral fará entrega de chaves especiais aos aspirantes que amosen unha actitude exemplar: axudar aos compañeiros, manter a orde no ministerio, actuar de forma decidida e voluntaria...
PUNTOS DE VIDA
Que son os puntos de vida?
Cada detective arrisca a súa integridade física en cada misión. Se estades alerta nas misións non pasará nada, pero certas actitudes poden ponervos en perigo. Por exemplo:
- Chegar tarde ás misións
- Non entregar os informes a tempo
- Entregar un informe incompleto
- Non colaborar co voso equipo de misión
- Interromper á profesora
- Impedir o inicio dunha clase
- Ofender a un compañeiro de forma intencionada
- Elevar a voz máis do normal ou gritar
- Non respetar o material de clase.
- Calquera outra actitude que impida o normal desenvolvemento da clase.
Se perdes todos os puntos de vida a Axencia de detectives vos conxelará os últimos 200 puntos de experiencia acadados que soamente poderás recuperar se fas un traballo voluntario. Ademáis non poderás colaborar co teu equipo noutra misión e terás que afrontar outras tarefas ti só.
TRABALLO DIARIO
Cada sesión haberá que afrontar unha misión na aula e de vez en cando retos para facer na casa. O material de axuda será fundamentalmente o libro de texto ou outros recursos facilitados pola coordinadora xeral. Ademáis faremos 2 probas escritas (ESTADO DE CRISE) E tamén é posible facer traballos voluntarios.
A NOTA FINAL
A nota do trimestre vendrá determinada según o nivel adquirido neste proceso de selección.
CALES SON OS NIVEIS?
NIVEL 1: Aspirante a detective (0-100 PE)
NIVEL 2: Aspirante a detective en probas (101-200 PE)
NIVEL 3: Becario (201-300 PE)
NIVEL 4: Axudante de detective en prácticas (301-400 PE)
NIVEL 5 :Axudante de detective (401-500 PE)
NIVEL 6: Detective (501-600 PE)
NIVEL 7: Axente en prácticas (601-700 PE)
NIVEL 8: Axente (701-800 PE)
NIVEL 9: Axudante de Director (801-900 PE)
NIVEL 10: Director da Axencia de Detectives (901-1000 ou + PE)
ADVERTENCIA!!!!!!
Todas aquestas normas están suxeitas a cambios en función da evolución e actitude do grupo.
Este 3º trimestre imos afrontar os dous temas que faltan para acabar o curso cunha gamificación. Haberá recompensas para afrontar o último exame, que se conseguirán a través de misións e retos.