SELECCIÓN AXENTES
Gústanche as aventuras? gústache a Historia? e os viaxes?
A axencia MATI busca novos axentes e detectives da memoria para a súa sede en Roma.
Accede ao proceso de selección, non o dúbides este é o teu traballo.
Que é a gamificación?
A GAMIFICACIÓN é unha ferramenta pedagóxica que consiste en empregar a psicoloxía do xogo, as súas mecánicas e dinámicas en entornos non lúdicos como é unha clase.
Por que a gamificación?
Na miña experiencia profesional vexo cada ano a dificultade de comunicar uns contidos, pola aptaía xeneralizada que aparentemente está a aloxarse nas nósas aulas. Eu sempre penso que debería educarse en valores como o ESFORZO, que o alumno debe atopar satisfacción no traballo ben feito, sexa ou non divertido. Pero na nosa sociedade, este valor está a brillar pola súa ausencia.
Ata este ano non coñecía ningunha metodoloxía que se adecuara ás miñas ideas de seguir valorando: actitude, traballo e memorización (aínda que hai unha tendencia a valorala cada vez menos, penso que non debemos deixala atrás). Coa gamificación vexo que podo adaptar estes principios e ideas, a un entorno no que se melloran os procesos de aprendizaxe, a motivación, o desenvolvemento da intelixencia emocional e adquisición de habilidades como a cooperación, comunicación, organización e a adquisición de responsabilidades.